Día: 13 Xuño, 2019
RESUMO DA XUNTANZA DO CONSELLO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL do 11 de Xuño de 2019
O pasado martes celebrouse a xuntanza do CGFP na que entre outras cuestións tratouse a oferta formativa de Formación profesional para o vindeiro curso académico.
Dada a premura de tempo coa que se nos trasladaron as ordes de oferta e despois de solicitar un adiamento da xuntanza por parte das tres organizacións sindicais presentes neste órgano e non ser concedido, valorouse a posibilidade de non acudir ao mesmo.
CCOO decide acudir á xuntanza por dúas cuestións, este non é un organo que compete unicamente á Consellería de Educación e ademais é o único foro no que se pode tratar a oferta formativa, dado que esta non pasa por outros órganos con presenza sindical. A ausencia ao mesmo impediría debater as cuestións relacionadas coa mesma.
CCOO rexeita, e asi o manifestou na xuntanza, as formas que se veñen repetindo ano tras ano de trasladar o debate da oferta formativa por parte da Consellería de Educación.
Criterios para a determinación de vacantes no Concurso de Traslados
Na acta que reflicte a xuntanza da Comisión Técnica para decidir as vacantes do CXT celebrada o 9 de abril figuran os criterios empregados pola administración para determinar as vacantes que se proveeron no pasado Concurso Xeral de Traslados.
A aplicación destes criterios e as demandas que lle trasdalamos á Consellería, permitiron o incremento en case mil prazas da oferta inicial de vacantes da administración
