Mes: Xuño 2017
ERRO NA CONFECCIÓN DE NÓMINAS DE XUÑO DOS FUNCIONARIOS/AS EN PRÁCTICAS
Co fin de facilitar a comparación do que cobráchedes co que realmente tiñades que cobrar e ver se estades afectados polo erro nas nóminas deste mes, deixámosvos este cadro das retribucións en PDF para que comparedes:
A COMUNIDADE EDUCATIVA DI NON AO PECHE DA ESO NO CPI TOMAS DE LEMOS
Preto de 500 persoas secundaron a manifestación convocada no dia de hoxe contra o peche no CPI Tomas de Lemos. A Consellaría non vai dar marcha atras trala reunión mantida coa xefatura territorial este lun. A consellaría minte cando dí que existe un plan de recolocación do profesorado e reubicación do alumnado. CCOO Ensino entende que a improvisación e o … Ler máis
CCOO-Ensino a prol dos dereitos LGTBI no Día do Orgullo LGTBI 2017
A Federación de Ensino de CCOO de Galicia diante do Día do Orgullo LGTBI 2017 #OrgulloDeSerCCOO A prol dos dereitos LGTBI en todo o mundo, con este lema CCOO anima á súa afiliación e a toda a cidadanía a participar nas múltiples actividades que se van a desenvolver con motivo da celebración o 28 de xuño do Día do Orgullo … Ler máis
Contra o peche das unidades educativas en Ribadavia, Porriño As Pontes e Outes
CCOO-Ensino e o resto de organizacións integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, presentan na Consellería unha solicitude de entrevista co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para tratar sobre o peche das unidades educativas do CPI Tomás de Lemos (Ribadavia), CPI da Ribeira (Porriño) e do CPI Monte Caxado (As Pontes), así como do peche do CEIP Emilio de Navasqüés (Outes).
