Contra o peche das unidades educativas en Ribadavia, Porriño As Pontes e Outes

CCOO-Ensino e o resto de organizacións integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, presentan na Consellería unha solicitude de entrevista co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para tratar sobre o peche das unidades educativas do CPI Tomás de Lemos (Ribadavia), CPI da Ribeira (Porriño) e do CPI Monte Caxado (As Pontes), así como do peche do CEIP Emilio de Navasqüés (Outes).