*ACTUALIZACIÓN: Logo das xestións feitas dende CCOO-Ensino, a Consellería admite o erro, e contesta que como están as nóminas pechadas, e as trasnferencias feitas, é imposible arranxalo de xeito inmediato, pero se comprometen a correxilo coa nómina de xullo.
A Consellería de Educación cometeu, na confección das nóminas deste mes de xuño, un grave erro.
Aos funcionarios/as en prácticas de PRIMARIA NON LLE ABONARON o Complemento Específico da paga extra, o cal precisamente se recuperaba nesta nómina. Pola contra e segundo nos comunican, en SECUNDARIA, pagaron cantidades de máis. NON SON EN TODOS OS CASOS, PERO SÍ EN MOITOS.
Dende CCOO-Ensino estamos traballando para que se corrixan estes erros de maneira INMEDIATA, postos en contacto coas Xefaturas e a Consellería.
Transmítennos que se solventará na nómina de xullo o cal é ABSOLUTAMENTE INACEPTABLE, xa que os traballadores e traballadoras non teñen culpa deste erro.
Manteremos actualizado segundo teñamos máis novas ao respecto.
TODOS OS CASOS AFECTADOS, NON DUBIDEDES EN CONTACTAR CONNOSCO A TRAVÉS DO EMAIL: ensino@galicia.ccoo.es