25N. Contra o negacionismo e o racismo machista: coeducación, servizos públicos e feminismo sindical
Desde CCOO reafirmamos o noso compromiso coa erradicación das violencias machistas e facemos un chamamento a toda a comunidade universitaria para que se sume ás mobilizacións do 25 de novembro. Fronte ao negacionismo, máis coeducación, máis servizos públicos, máis organización e máis feminismo de clase.
