CC.OO. reclama da Xerencia activar e culminar xa a negociación sobre a parte económica do último acordo sobre a Carreira Horizontal
A carreira horizontal, xunto co desenvolvemento e posta en marcha das promocións e a redución da temporalidade, favorecendo o acceso a funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo, foi nestes anos un dos principais obxectivos da sección sindical de CC.OO. En todos estes temas téñense producido avances moi importantes froito da negociación e o traballo sindical; así con respecto á carreira profesional horizontal, nas próximas semanas débese culminar a negociación coa xerencia para o recoñecemento e implantación dos restantes graos da carreira (II, III e IV) e os seus complementos retributivos