Nestes cursos (un para cada etapa educativa) descubrirás as claves fundamentais para iniciar a túa carreira como persoal funcionario docente a través do seguinte contido:
- Normativa e funcionamento dun centro docente e do sistema educativo
- Dereitos e deberes do funcionariado docente
- Mobilidade docente, permisos e licenzas, e retribucións
- A fase de prácticas
Telepresenciais por Google Meet. 10 horas.
Horario:
- Venres, 27 de setembro, de 17 a 21 horas.
- Sábado, 28 de setembro, de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas.
Prazas:
- 50 para infantil e primaria
- 50 para secundaria
- 50 para formación profesional
Custo: de balde.
Prazo de inscrición: ata completar as prazas.
Solicitada homologación á Consellería de Educación.
CURSO DE INFANTIL E PRIMARIA
CURSO DE SECUNDARIA
CURSO DE FORMACIÓN PROFESIONAL