CCOO asina o Acordo de Xubilación Parcial da Concertada

CCOO Ensino, tras anos de presión sindical, asina un acordo que beneficiará a cerca de 400 docentes de ensino concertado en Galicia.

Este acordo favorecerá a xubilación parcial dos e das docentes de ensino concertado que cumpran cos requisitos legais e teñan un contrato de traballo indefinido a tempo completo en pago delegado, cunha antigüidade mínima de seis anos.

A Xunta asumirá as retribucións e as cotizacións á Seguridade Social derivadas do Acordo ata que as persoas xubiladas parcialmente acaden a xubilación total.

O período mínimo de duración da xubilación parcial será dun ano, e a redución da xornada laboral estará poderá variar entre o 25% e o 50%.

Aínda que dende CCOO presionamos para acadar un acordo que contemplase unha redución do 75% da xornada, entendemos que este acordo supón un avance importante nos dereitos das persoas traballadoras do sector, que levaban moitos anos sen asinar unha mellora significativa.

Consulta o texto do acordo

Acordo asinado

Instruccións para o desenvolvemento do acordo

Anexo I. Solicitude

Anexo II. Modelo para a elaboración do censo

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS