Comezan os grupos de traballo co Ministerio de Educación

Iniciouse o funcionamento dos grupos de traballo cunha reunión do primeiro deles: «Marco de competencias profesionais docentes e formación inicial do profesorado» (documento marco, graos e másteres en educación).

Non temos aínda calendario completo de traballo; esixímolo e recordamos o compromiso en Mesa Sectorial de que o cuarto grupo, sobre as condicións necesarias para o desempeño docente, teña un desenvolvemento simultáneo co primeiro.

O Ministerio respondeu que, efectivamente, serán simultáneos, que así o están traballando e axiña nos chegará convocatoria.

Iremos informándovos dos progresos e de como evoluciona a situación.

Lembramos que os traballos deben ser áxiles, sen se dilatar en aspectos teóricos, e que deben conseguirse obxectivos concretos a curto prazo.

Por suposto, todas as actuacións de CCOO neste proceso de negociación están orientadas a conseguir melloras moi substanciais nas condicións laborais e profesionais de todo o profesorado.