CCOO exhorta o Ministerio para que se constitúan xa os grupos de traballo e se inicien sen dilación as negociacións sobre o profesorado e o Estatuto Docente

Despois de tanto tempo esperando, imos con atraso sobre as datas iniciais previstas que Educación expuxo para finais de xaneiro ou primeiros de febreiro. As expectativas son altas e débense iniciar xa os traballos sobre a mellora das condicións laborais das e os docentes.

Desde CCOO esperamos que o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes faga o seu traballo e formule propostas que conteñan os elementos reivindicativos fundamentais do profesorado como base para iniciar as negociacións e os traballos.

Desde o sindicato esiximos que estean incluídos, polo menos, os seguintes bloques:

  • Diminución da carga lectiva, redución do horario de permanencia e mellora das ratios.
  • Todos os corpos docentes deben ser grupo A1 e subir de nivel.
  • Xubilación anticipada, voluntaria e incentivada para todas e todos.
  • Regulación específica docente da saúde laboral, incluíndo os riscos psicosociais.
  • Mellora real da formación inicial.
  • Formación permanente con recursos e dentro do horario laboral.
  • Unha verdadeira carreira profesional, atractiva, articulada e ben incentivada.
  • Revisión do ingreso e acceso primando aspectos pedagóxicos cunha fase de prácticas con recursos, realmente formativa e ben planificada.
  • Concreción das funcións do profesorado para evitar a acumulación de tarefas e o exceso de burocracia.
  • Mellora e homologación á alza das condicións retributivas e laborais do profesorado, incluíndo tamén licenzas e permisos e acción social.

CCOO ten propostas sobre todos os temas. Ademais, o sindicato esixe que o proceso para chegar a acordos e medidas que poidan desembocar nun Estatuto Docente comece canto antes, pois hai moitísimo por facer.