Novas
Convocados os concursos de traslados específicos de adultos e de orientación de primaria
Prazo de participación: desde o martes 5 de decembro ata o xoves 28 de decembro, ambos incluídos.
Toda a información nos seguintes enlaces:
Novos importes para gastos por aloxamento e manutención e polo uso de vehículos
Consecuencia do Acordo Marco para unha administración do século XXI, asinado en 2022 por CCOO co goberno estatal.
- Uso de vehículo particular: 0,26 € por quilómetro
- Axudas de custo por aloxamento e por manutención:

CCOO esixe a cobertura inmediata das ausencias do profesorado de escolas unitarias
Tralo peche de onte (30/11/23) da Escola de Educación Infantil do Gaioso (O Eixo, Santiago de Compostela), denunciado pola AFA Gaioso, desde CCOO Ensino esixímoslle á Consellería a cobertura inmediata de calquera baixa producida nas escolas unitarias, sexa cal sexa o motivo.
A especial situación deste tipo de centros fai insostible calquera outra forma de actuar que non garanta ao cento por cento o dereito do alumnado á educación.
Mesmos obxectivos, pero distintas estratexias
Ao longo dos últimos anos, e máis concretamente nos últimos meses, estase repetindo un lícito confrontamento estratéxico na forma de encarar as reclamacións do colectivo docente, tanto retributivas como noutros eidos do ámbito laboral.
A mobilización, incluíndo a folga, é un instrumento para conseguir abrir un proceso negociador que debe rematar, necesariamente, en acordos que melloren as condicións laborais e retributivas do profesorado.
Calquera mobilización que non finalice na conquista de melloras, converte en inútil esta ferramenta.
25N – Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Sabemos que o que non se nomea non existe. O que non se contabiliza, tampouco. Por iso cómpre deterse nas cifras da violencia contra as mulleres, que son a máxima expresión dun sistema patriarcal.
A violencia de xénero, entendida no seu sentido amplo, é dicir, comprendendo todas as manifestacións da violencia contra as mulleres, é o delito máis estendido en todo o mundo:
- Cada 3 segundos, unha nena é obrigada a casar.
- Unha de cada 3 mulleres do mundo sufriu ao longo da súa vida violencia física ou sexual.
- 3 millóns de nenas son vítimas de ablación cada ano.
- As violacións como arma de guerra están xeneralizadas nas zonas de conflito.
- Unha gran parte dos asasinatos de mulleres cometéronos as súas parellas ou exparellas.
- O 71 % das vítimas de trata son mulleres e nenas (ACNUR 2019).
Convocado proceso selectivo para a agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral, especialidade de persoal de limpeza e cociña
- 117 prazas correspondentes aos exercicios 2020 e 2022
- Acceso libre e quenda de discapacidade
- Sistema de oposición

