CCOO da USC anima a participar nas manifestacións do 2 e 12 de xuño contra a creación dunha universidade privada na Galiza

Continuamos na defensa da Univesidade pública: concentración o mércores 2 de xuño ás 11:00 horas nos sete Campus A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública volve facer público o seu rexeitamento á creación dunha universidade privada na Galiza As organizacións sindicais, profesionais e estudantís que conformamos a Plataforma Galega reafirmamos a nosa crítica ao proceso iniciado polo goberno Feijóo, … Ler máis

Modalidade Ordinaria de Teletraballo. Novo permiso de ata 4 días sen necesidade de baixa médica

Avances importantes para o PAS O Consello de Goberno da USC vén de validar dous acordos relevantes, aos que se chegou non sen esforzo na Mesa xeral de negociación de PAS, e que supoñen a consecución de dous puntos importantes cos que CC.OO nos presentaramos ás pasadas eleccións sindicais. Por un lado, o acordo de teletraballo permite a implantación, con carácter … Ler máis

Avance na consolidicación e estabilización de prazas da escala auxiliar

Información para PAS funcionario Como xa se anunciou nun comunicado , a xunta de persoal de PAS funcionario acordou por fin aceptar a acumulación nunha única convocatoria de concurso-oposición de todas as prazas vacantes da escala auxiliar C2 incluídas nas ofertas de emprego vixentes. A superación deste último obstáculo supón un importante avance, que deixa clarificada a próxima convocatoria das … Ler máis

Proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

  • Proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

  • O modelo de solicitude estará á disposición no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, no seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion. A persoa solicitante deberá dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave 365.
  • ‌  PREME PARA VER O DOG DA CONVOCATORIA

CCOO pídelle ao Ministerio de Educación a prórroga das contratacións docentes na Conferencia Sectorial de Educación

As circunstancias que fixeron necesaria a contratación de máis de 36 000 docentes durante o curso 2020/2021 para facer fronte ao impacto da covid-19 na educación non desapareceron nin se prevé que o fagan a curto prazo. De aí que, no informe «Prórroga de las contrataciones originadas por la pandemia de Covid-19 y reducción de ratios», CCOO exixa que se manteñan as contratacións en todas as comunidades autónomas. Isto sería posible cun plan de investimento plurianual de 2 654 470 608,75 euros para a redución xeneralizada das ‘ratios’ no Estado, o que levaría a aumentar o persoal en 63 886 docentes máis respecto ao curso 2019-2020.

CCOO da USC anima a participar nas manifestacións do 1.º de maio

1º DE MAIO: AGORA TOCA CUMPRIR. Un país en débeda coa súa xente traballadora CCOO e UGT mobilizaranse conxuntamente o Primeiro de Maio para reivindicar que «agora toca cumprir» coa clase traballadora, para o que haberá concentracións e manifestacións en todas as cidades de Galicia Mobilizacións: 1º DE MAIO: AGORA TOCA CUMPRIR #1MaioCCOO#AgoraTocaCumprir

Mesa Negociadora do Convenio de Educación Infantil (20 abril)

O pasado 20 de abril volveuse reunir a Mesa Negociadora do Convenio de Educación Infantil coa intención de trasladar ás táboas salariais o acordo alcanzado no SIMA por todas as organizacións da Mesa excepto por CCOO. O ocorrido na reunión pódese interpretar como o enésimo intento por parte das patronais de desactivar a esixencia de CCOO de que, ademais de … Ler máis