Novas
XVI Convenio Colectivo Xeral de Centros e servizos de Atención a Persoas con Discapacidade
O pasado 8 de abril celebrouse a primeira reunión da Mesa Negociadora na que CCOO manifestou a súa intención de profundar e consolidar os logros alcanzados no XV Convenio Colectivo. Desde o sindicato apóstase, en tempos convulsos, por unha negociación tranquila, sen precipitacións. Os precedentes históricos mostran a complexidade desta negociación e iso levounos a iniciar as conversacións moito antes … Ler máis
Listaxe provisional de admitidos e excluídos no concurso oposición para o acceso ao corpo de IE, PES, profesores de EOI e profesores de APD, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de FP e corpo de mestres
Contra a lista provisoria o persoal interesado poderán formular por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional as reclamacións que coide oportunas, no prazo máximo de 5 días hábiles
CCOO anima a participar na concentración contra o Anteproxecto de reforma da Lei da Ciencia
SEN DEREITOS NON HAI INVESTIGACIÓN Concentración este xoves, 15 de abril, en Santiago ás 18:00 horas na Praza do Obradoiro O pasado 30 de marzo o Consello de Ministros aprobou o Anteproxecto de lei de Ciencia, para modificar a actualmente vixente Lei14/2011. Este anteproxecto de lei, presentado sen ningunha negociación previa e contrariamente ao que se precisaba, non da resposta aos … Ler máis
Borradores procesos funcionarización das OFEP do 2020 e 2021
Prazo para enviar as alegacións ata o 14 de abril
Novidades da OPE 2021: proposta de 1604 prazas
A Consellería acaba de remitirnos a proposta de oferta de emprego público de 2021 (proceso selectivo que se celebrará no 2022) desagregada por corpos para a mesa sectorial do vindeiro martes.
A Consellería denega Licenzas por asuntos propios e Redución de xornada en certas especialidades de Secundaria
CCOO ensino denuncia que tamén se están a denegar nas especialidades de Orientación, PT e Francés no corpo de mestres. Esiximos á Consellería que analicen caso a caso ao fin de poder concedelas e non as deneguen de xeito rotundo.
