SEN DEREITOS NON HAI INVESTIGACIÓN
Concentración este xoves, 15 de abril, en Santiago ás 18:00 horas na Praza do Obradoiro
O pasado 30 de marzo o Consello de Ministros aprobou o Anteproxecto de lei de Ciencia, para modificar a actualmente vixente Lei14/2011. Este anteproxecto de lei, presentado sen ningunha negociación previa e contrariamente ao que se precisaba, non da resposta aos importantes problemas que afectan ao sistema científico-técnico español, agravados pola crise de 2009 e agudizados por la pandemia. Non resolve tampouco, nin encara, o crecente avellentamento das plantillas, con idades de acceso que alcanzan os 43 años e niveis de precariedade que supoñen o 40% nas Universidades, e superan o 80% no sistema sanitario. Este anteproxecto preséntase tamén nun contexto no que o gasto en I+D+i diminuiu dende 1,35% do PIB de 2010 ata o 1,24 % na actualidade, alonxándonos así cada vez máis da media europea.
Son estes algúns dos motivos polos que este anteproxecto suscitou non só o rexeitamento de CCOO, senón tamén o dunha maioría de sindicatos, asociacións e colectivos, que convocan para este xoves 15 de abril ás 18:00 concentracións presenciais.
As convocatorias de concentracións presenciais, respectando medidas de seguridade obrigadas pola pandemia, terán lugar este xoves 15 de abril ás 18:00 en Santiago, Madrid, Barcelona, Oviedo, Valencia e Sevilla. Ese mesmo día tamén se celebrarán concentracións virtuais en Salamanca, Tenerife e La Rioja.
SEN DEREITOS NON HAI INVESTIGACIÓN:
Concentración en Santiago ás 18:00 horas na Praza do Obradoiro
#SinCienciaNonHaiFuturo
#SinCienciaNoHayFuturo
#NoScienceNoFuture
Achegamos a continuación dous enlaces de interese con información sobre o tema, elaborados pola Confederación sindical de CC.OO: