CCOO da USC anima a participar nas manifestacións do 1.º de maio

1º DE MAIO: AGORA TOCA CUMPRIR. Un país en débeda coa súa xente traballadora

CCOO e UGT mobilizaranse conxuntamente o Primeiro de Maio para reivindicar que «agora toca cumprir» coa clase traballadora, para o que haberá concentracións e manifestacións en todas as cidades de Galicia

Mobilizacións:

  • A Coruña: manifestación ás 12:00 desde a praza da Palloza e remate na Delegación do Goberno (praza de Ourense)
  • Ferrol: manifestación ás 12:00
  • Santiago de Compostela: concentración ás 12:00 na praza da Quintana
  • Lugo (só CCOO): concentración ás 12:00 na praza de Ferrol
  • Viveiro (só CCOO): manifestación ás 11:45 desde García Dóriga ata a praza do Concello
  • Ourense: manifestación ás 12:30 desde o pavillón dos Remedios ata a Subdelegación do Goberno
  • Vilagarcía de Arousa: manifestación ás 12:30 con saída e remate na praza de Ravella
  • Pontevedra: manifestación ás 12:00 desde o Hospital Provincial ata a glorieta de Compostela
  • Vigo (acto central): manifestación ás 11:30 desde o cruzamento da Vía Norte con Urzáiz ata Concepción Arenal

1º DE MAIO: AGORA TOCA CUMPRIR

#1MaioCCOO
#AgoraTocaCumprir