Apertura de listas de interinidades/substitucións na EOI, especialidade de chinés e portugués

Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de chinés (592004) e de portugués (592015) do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 4 de novembro ata o mércores día 17 de novembro de 2021, ambos incluídos. 

Apertura de listas de interinidades e substitucións da EOI na especialidade de italiano

Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de italiano do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 4 de novembro ata o luns día 8 de novembro de 2021, ambos incluídos. 

 

Relación de persoal admitido e excluído en certas listas de interinidades e substitucións (Actualización a 12 de marzo de 2021)

Publicadas no portal de substitucións da Consellería as relacións de persoas admitidas nas listas de diversas especialidade dos corpos de PES, PTFP, Profesorado de música e Artes Escénicas e profesorado de EOI.

Se ampliades podedes ver as especialidades, listaxes de persoas excluídas e prazos de reclamacións

Publicada a addenda do acordo de interinos asinada por CCOO, Anpe, UGT e CSIF que establece a non obrigatoriedade de presentarse a oposicion para manter o posto na lista de interinos

‌  RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF e FETE-UGT polo que se engade unha nova disposición transitoria ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo)

Relación de persoal admitido e excluído en certas listas de interinidades e substitucións. Procedemento ED003A. (Actualizado a 26 de febreiro)

Publicadas as relacións de admitidos, excluidos e o baremo de diversas listas abertas durante o mes de outubro nos corpos de Mestres, PMeAAEE, PES e PTFP.

 ‌ Lembramos que as alegacións teñen que facerse na sede electrónica co código de procedemento ED003A e que non aceptaran ningunha feita de outro xeito.

Resolución Definitiva de listas de interinidades e substitucións nas especialidades de Navegación e Instalacións Mariñas e Máquinas, Servizos e Produción

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590): 590109 Navegación e Instalacións Mariñas  ‌ Baremo. ‌ Excluídos.  2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591) 591210 Máquinas, Servizos e Produción ‌ Baremo ‌ Excluídos   Velaquí podes ver a Resolución pola que se convocaron e a orde coas titulacións que dan acceso ás listas por especialidade