Toda a información para o profesorado de ensino público

Velaquí podedes acceder aos documentos de axuda para o profesorado.

Por unha parte os relacionados cos permisos da nai biolóxica, do outro proxenitor e de lactancia:

Por outra banda aquí podedes acceder a toda a información relativa aos permisos, excedencias e reducións de xornada, aos cadros salariais e ás condicións e tipos de xubilacións:

Por último, nesta ligazón podedes descargar o calendario escolar cos días lectivos e non lectivos así como as conmemoracións anuais:

CADP 2020 – Resolución provisional Corpos de Secundaria

Publicada a Resolución provisional do CADP dos corpos de Secundaria  por orde de ADXUDICACIÓN e por orde ALFABÉTICA . O prazo de reclamacións será do 3 de agosto ao 3 de setembro. As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia. As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse no mesmo prazo a través da páxina do CADP e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia

CADP 2020 – Resolución provisional Corpo de Mestres

Publicada na web da Consellería a Resolución provisional do CADP do Corpo de Mestre. Velaqui podedes ver a RESOLUCIÓN ALFABÉTICA e a RESOLUCIÓN POR ORDE DE ADXUDICACIÓN.  O prazo de reclamacións será do 28 ao 29 de xullo na sede electrónica da Xunta . As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse no mesmo prazo a través da páxina do CADP e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia