Os servizos mínimos serían:
Persoal docente
- A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar.
- Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído/a por un membro do equipo docente.
- Un profesor ou profesora por cada grupo que teña actividade lectiva prevista os días da folga.
- En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.
Persoal non docente
- O 100% do persoal de cociña
- O 100% do persoal auxiliar coidador/a nos centros nos que exista esta categoría
- O 100% dos educadores nos centros nos que exista esta categoría
- O 100% do persoal de limpeza
- O 100% dos ATSs e do persoal médico nos centros nos que exista esta categoría.
CCOO ensino proporá unha denuncia conxunta no comité de folga ao fin de que se garanta o dereito fundamental de asistencia á folga.