Ensino Público
CCOO Ensino urxe a consellería a cuantificar as prazas estruturais vacantes susceptibles de oferta por concurso de méritos
O día 2 de decembro de 2021 aprobouse no Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Implica a modificación do EBEP e introduce dúas medidas que inciden de forma directa e inmediata na oferta pública de emprego (OPE en adiante). Ofertas de emprego de estabilización mediante concurso oposición que … Ler máis
CCOO Ensino esixe cubrir todas as vacantes necesarias no mes de decembro ao igual ca o resto do curso, independentemente da súa duración, así como da coincidencia ou non de datas festivas
CCOO Ensino demandamos que, como se recolle no acordo de acceso a listas de interinidades e substitucións subscrito pola Administración e CCOO, se cubran todas as baixas do profesorado.
Convócanse 623 prazas para profesorado visitante español en Estados Estados Unidos, Canadá, Emiratos Árabes Unidos e Irlanda para o curso 2022-2023
O prazo de solicitude estará aberto desde o 29 de novembro ao 21 de decembro de 2021
Resolución provisional de centros novos e de continuidade seleccionados para os plans de formación permanente do profesorado
Abrirase un prazo de cinco naturais para efectuar reclamacións ou renuncias. Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, de ser o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á persoa titular da secretaría xeral, quen resolverá a relación final dos plans seleccionados.
Persoas admitidas e excluídas interinidades e substitucións na especialidade de italiano
Resolución do 19 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de italiano do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592012)
-
As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
-
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592012)
