Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións á listaxe provisional ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente … Ler máis

A Consellería convocará o venres a mesa sectorial para tratar a oferta de emprego público e a convocatoria de oposicións

Na reunión de hoxe da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos trasladou ás organizacións asinantes (CCOO, ANPE, UXT e CSIF) a seguinte información sobre os procesos selectivos deste ano: Anuncia a convocatoria de Mesa sectorial para este venres 14 de xaneiro para tratar o decreto de oferta de emprego público de … Ler máis

Información da Mesa Sectorial de Educación do Estado do día 21/12/2021 sobre a modificación do RD 276/2007 de ingreso e acceso.

CCOO Ensino denuncia a falta de liderazgo do Ministerio de Educación neste proceso. Despois da reunión coas  Comunidades Autónomas o día 20, remítese ás OOSS un novo documento (preme aquí para descargalo) pola noite para negociar na Mesa Sectorial de hoxe. Pouco tempo para poder reflexionar sobre os cambios introducidos nun tema de capital importancia para o sistema educativo.