Convocada Mesa Sectorial estatal para tratar as modificacións de acceso a función pública docente

 

Tales modificacións no sistema de concurso oposición, son froito do acordo de CCOO de xullo de 2021 co Goberno, xa plasmados no Real Decreto Lexislativo 14/2021.

Valoramos positivamente a proposta de concurso oposición transitorio xa que inclúe demandas históricas de ccoo, como a simplificación  e o feito de que as probas non sexan eliminatorias, e que no concurso a experiencia non sexa substituíble por outro tipo de méritos.

Todo sistema, por suposto é mellorable, e, en consecuencia, trasladaremos as nosas enmendas ao Ministerio na Mesa Sectorial.