A Consellería convocará o venres a mesa sectorial para tratar a oferta de emprego público e a convocatoria de oposicións

Na reunión de hoxe da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos trasladou ás organizacións asinantes (CCOO, ANPE, UXT e CSIF) a seguinte información sobre os procesos selectivos deste ano:

  • Anuncia a convocatoria de Mesa sectorial para este venres 14 de xaneiro para tratar o decreto de oferta de emprego público de 2022 e a orde de convocatoria.

  • Pretensión de convocar as prazas de reposición acumulando a oferta de 2022 á de 2021 antes da publicación da modificación do RD 276/2007.  Desta forma , informan que aplicarán o procedemento ordinario que recolle o RD 276/2007,  é dicir, o anterior á modificación de 2018.  As prazas de estabilización de 2022 quedarían para convocar posteriormente á publicación da modificación do RD 276/2007 aplicándose o sistema transitorio.

  • Pretensión de convocar e executar o concurso de méritos que recolle a DA sexta da Lei de Temporalidade antes de fin de ano 2022.

CCOO defendeu na reunión e esixirá  na mesa sectorial que se convoque a totalidade das prazas de reposición e as de estabilización no mesmo proceso. Para facelo así é imprescindible que se aplique o sistema transitorio e por tanto esperar á publicación da modificación do RD 276/2007.