CCOO ensino concéntrase diante da Consellería de Educación para esixir a cobertura das baixas

Como xa denunciara CCOO Ensino, a Consellería de Educación leva dende o 30 de novembro sen cubrir vacantes de todos os corpos de persoal docente (accede a escrito presentado o día 3 de decembro). 

Hai 240 vacantes sen cubrir (136 do corpo de mestres e 104 de corpos de secundaria), incluso algunhas delas interinidades que abranguen todo o curso escolar, co prexuízo grave cara o alumnado que isto significa.

A non cobertura de baixas sumado á non prolongación do programa ARCO que os centros veñen demandando tal e como denunciamos desde o sindicato (accede ao modelo de escrito elaborado o 4 de novembro), supón o maior ataque ao ensino público dos últimos anos, afianzando os recortes xa iniciados ao inicio deste curso escolar. Esta situación prodúcese para máis gravidade en plena sexta ola da pandemia, o que merma máis os recursos docentes nos centros. 

CCOO ensino vimos interpelando á Consellería nestas dúas cuestións desde fai semanas, e ante a calada por resposta, concentrámonos hoxe mércores 15 de decembro en San Caetano. Asemade, vimos de interpelar á Valedora do Pobo para que interceda perante a aministración en ambos temas.

Porén, esixímoslle á Consellería unha rectificación inmediata retomando os chamamentos así como a extensión do programa de reforzo ARCO na totalidade do curso escolar.