CCOO Ensino esixe cubrir todas as vacantes necesarias no mes de decembro ao igual ca o resto do curso, independentemente da súa duración, así como da coincidencia ou non de datas festivas

CCOO Ensino vén de presentar un escrito por rexistro esixindo a cobertura de todas as baixas pendentes que están sen cubrir nas diferentes etapas educativas.

Ao longo desta semana, tivemos coñecemento de que as baixas subidas polos centros educativos estaban a ser eliminadas pola propia administración.

Postos en contacto no día de onte coa propia Consellería, confirmábannos a través da Dirección Xeral de Persoal a intención de non cubrir as baixas durante o mes de decembro, argumentando que se trataba de baixas de pouca duración e que parte delas coincidían cos festivos da semana que vén.

Desde o sindicato, afeamos esta intención e argumentamos o grave prexuízo para o alumnado así como para a propia organización dos centros educativos pola non cobertura destas baixas.

Esta decisión unilateral da Consellería prodúcese, ademais, nun contexto de aumento exponencial dos casos covid nas aulas galegas, con preto de 1500 postivos e máis dun centenar de aulas pechadas. 

Porén, demandamos de xeito inmediato que se retomen os nomeamentos e se cubran todas as baixas.