Concentración por un concurso de traslados xusto

‌ Sábado 28 de outubro de 2023, 12:00

‌ Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela

  • Por unha disposición transitoria que regule a participación no Concurso Xeral de Traslados (CXT) do novo funcionariado de carreira para que non se incurra en ningún agravio comparativo.
  • CCOO é o único sindicato que tentou chegar a unha solución negociada.
  • Despois de esgotar a vía negociadora, agora mobilizámonos.

As cousas claras (desmentindo bulos)

Logo das múltiples consultas trala sinatura do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente puidemos constatar que hai un descoñecemento bastante xeneralizado do seu contido.

Estanse dando por boas certas mensaxes, interesadas en mobilizar ao profesorado de cara a unha folga, que son, literalmente, bulos.

Consulta o comunicado conxunto asinado por CCOO, ANPE e UGT:

‌ As cousas claras (desmentindo bulos)

Máis contas e menos contos!

Por desgraza, debemos continuar coa serie de aclaracións sobre as desinformacións intencionadas que se están publicando sobre o Acordo de medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes. Pero como di o refrán… Quen cala, outorga!

Nesta ocasión toca explicar cales son as cantidades das melloras retributivas e como se reparten entre o profesorado en función das súas características.