Novas Ensino Público
CCOO-Ensino denuncia que non se despexen as dúbidas acerca das oposicións
Esixe á Consellería a convocatoria inmediata e que deixe de utilizar as oposicións como elemento político.
Datas resolución do CXT
PUBLICACIÓN DO CONCURSO XERAL DE TRASLADOS:
MESTRES: 14-15 MARZO
CORPOS DE SECUNDARIA: 7 MARZO
Xuntanza coa deputada Luca Chao de En Marea
Hoxe, representantes de CCOO-Ensino, tiveron unha xuntanza coa deputada de En Marea, Luca Chao, na que se trasladaron os problemas no eido educativo, principalmente a problemática coas oposicións deste ano.
Mesa Sectorial docente non universitaria. Xoves 2 de marzo
Nesta mesa, CCOO-Ensino, esixirá unha OPE nde saian todas as prazas estruturais como vimos esixindo nas últimas semanas (ver nova) Tamén se tratará a orde de directores, na que esixiremos garantías para que o profesorado que o desexe poida acceder á dirección dun centro educativo. (ver nova ao respecto) Ver borrador Orde de Directores Ver orde oposicións 2017 Ver infórmaTE … Ler máis
CCOO denuncia que a posible falta de oferta pública de emprego incrementará a precariedade no sector educativo
CCOO-Ensino esixe a inmediata convocatoria da OPE de educación anunciada fai semanas.
CCOO denuncia o uso interesado das informacións por parte da administración sobre a OPE deste ano e esixe a súa convocatoria.
Despois das novas que xurdiron na día de onte tras a xuntanza do MECD coas comunidades autónomas na que se comunicou que ao non ter aprobados os Orzamentos do Estado do ano 2017 non se pode facer a convocatoria de oposicións e postos en contacto coa Consellería, esta nos comunica que están a valorar a situación no ámbito xurídico e que o transmitiran na mesa sectorial convocada para o xoves día 2.
CCOO-Ensino considera que a administración debera buscar unha solución, que está nas súas mans, que permitira a convocatoria dos procesos selectivos aínda que non se tiveran aprobado os Orzamentos do Estado de 2017. e deberá convocar a OPE para este curso.
CCOO-Ensino considera que a administración está a xogar cos aspirantes a ditas prazas, emitindo informacións de diverso signo dependendo dos seus intereses usando a convocatoria con caracter publicitario e de autobombo según lle interese.
