Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2016/17.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170411/AnuncioG0164-300317-0003_gl.pdf
OBXECTO
Axudas de mobilidade complementaria ás da Unión Europea para os alumnos de 2017 de Programa ERASMUS+ que cursan ensinanzas artísticas superiores.
Os documentos presentados non fará falla volver a presentalos e a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Tamén se pode presentar en soporte papel en calquera dos lugares ou rexistros autorizados para facelo.
Sempre que se presenten documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, de se dispor del.
CONTÍA DA AXUDA
A contía depende do país onde se realice o programa e vén recollido o importe de cada unha na orde á que facemos referencia.
SOLICITUDE, FORMA E PRAZO
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normativo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (ED322A), https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, tamén se pode presentar en soporte papel nos lugares e rexistros autorizados para facelo.
O prazo remata o 11 de maio de 2017.
PAGAMENTO
O pagamento realizarase na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez presentado o anexo ii.
DOG núm. 71, 11 de abril de 2017