OUTRO ANO MAIS, E XA VAN 5, E SEGUIMOS SEN RECUPERAR AS AXUDAS DO FONDO DE ACCION SOCIAL
O día 6 de abril de 2016 celebrouse a xuntanza dos criterios de repartición da única axuda que segue en vigor do FAS trala aplicación da Lei de Medidas (Axuda para a atención de discapacitados).
Os cambios propostos pola Administración con respecto ao fondo do ano 2015 foron os seguintes:
* Inclusión do persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico.
* O prazo para cubrir na web as solicitudes e presentalas ante as unidades de persoal unha vez impresas pasa de 20 días hábiles a 15 días hábiles.
Este cambio xustifícano na declaración como inhábiles dos sábados como consecuencia da entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
CCOO plantexou:
. a) Que tendo en conta que se está producindo unha recuperación significativa da economía e que as previsións para o ano que vén aínda son mellores, tal e como defende o Goberno, procedía recuperar na proposta deste ano a inclusión de todas as axudas que se recollían no Fondo de Acción Social do ano 2011. Por este motivo, tamén reiteramos a petición, que xa fixeramos o día 1 de decembro de 2016 na Mesa Xeral relativa ao Capítulo I, relativa á dotación mínima do 1% da masa salarial para destinar a todas as axudas que incluía o fondo do ano 2011.
. b) Que, no caso de que se producisen remanentes na axuda para a atención de discapacitados, fose a Comisión de Seguimento a que decida o reparto dos mesmos, co obxectivo de que non se perdan os poucos cartos que se dedican a esta axuda.
. c) Que para facilitar a xestión dos usuarios, e de xeito semellante ao que se fai noutras administracións, se permitise o uso dos datos xa presentados diante da administración no caso de que as circunstancias do solicitante non tiveran cambiado
. d) Que se solicite ao Ministerio de Facenda que baixen as retencións practicadas ás axudas concedidas.
Dende CCOO manifestamos que estabamos a favor da concesión desta axuda, pero votamos EN CONTRA deste FAS porque consideramos que as axudas son só á discapacidade, e que polo tanto non é un FAS real xa que non comprende o resto de axudas que tiña.
Para finalizar informaron de que nos mandarían un correo electrónico para comunicarnos a data de publicación desta axuda do Diario Oficial de Galicia.