PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2017
Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170403/AnuncioG0425-270317-0001_gl.pdf
OBXECTO
Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Aquelas persoas que teñan fillos ou fillas menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2017 e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a prestar declaración polo irpf correspondente a este período, nin a presentarse de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
No caso de fillos ou fillas adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento.
No caso de existir unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
Entenderase por unidade familiar a formada polo pai e/ou nai que teñan a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillas e fillas da persoa solicitante.
Non poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
REQUISITOS
— Que a persoas proxenitora teña a súa residencia habitual en Galicia
— Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
— Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación das solicitudes.
TIPO DE AXUDA
— Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €
— Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €
— Cando sexa a terceira filla ou fillo e sucesivos: 2.400 €
Solicitudes, lugar e prazo de presentación
A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura no anexo i da orde a que facemos referencia e que estará dispoñible na guía de procedementos e servizos que se atopan no enderezo http://www.xunta.gal/resultados-da-guia-de-procedementos ou en https://sede.xunt.gal.
Tanto a solicitude como a documentación necesaria presentaranse preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentalos en soporte papel en calquera dos lugares ou rexistros autorizados para elo.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
O prazo de presentación rematará o 15 de maio de 2017.
DOG núm. 65, 3 de abril de 2017