Novas Ensino Público
Convocados os concursos de traslados específicos de adultos e de orientación de primaria
Prazo de participación: desde o martes 5 de decembro ata o xoves 28 de decembro, ambos incluídos.
Toda a información nos seguintes enlaces:
Novos importes para gastos por aloxamento e manutención e polo uso de vehículos
Consecuencia do Acordo Marco para unha administración do século XXI, asinado en 2022 por CCOO co goberno estatal.
- Uso de vehículo particular: 0,26 € por quilómetro
- Axudas de custo por aloxamento e por manutención:

CCOO esixe a cobertura inmediata das ausencias do profesorado de escolas unitarias
Tralo peche de onte (30/11/23) da Escola de Educación Infantil do Gaioso (O Eixo, Santiago de Compostela), denunciado pola AFA Gaioso, desde CCOO Ensino esixímoslle á Consellería a cobertura inmediata de calquera baixa producida nas escolas unitarias, sexa cal sexa o motivo.
A especial situación deste tipo de centros fai insostible calquera outra forma de actuar que non garanta ao cento por cento o dereito do alumnado á educación.
Mesmos obxectivos, pero distintas estratexias
Ao longo dos últimos anos, e máis concretamente nos últimos meses, estase repetindo un lícito confrontamento estratéxico na forma de encarar as reclamacións do colectivo docente, tanto retributivas como noutros eidos do ámbito laboral.
A mobilización, incluíndo a folga, é un instrumento para conseguir abrir un proceso negociador que debe rematar, necesariamente, en acordos que melloren as condicións laborais e retributivas do profesorado.
Calquera mobilización que non finalice na conquista de melloras, converte en inútil esta ferramenta.
25N – Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Sabemos que o que non se nomea non existe. O que non se contabiliza, tampouco. Por iso cómpre deterse nas cifras da violencia contra as mulleres, que son a máxima expresión dun sistema patriarcal.
A violencia de xénero, entendida no seu sentido amplo, é dicir, comprendendo todas as manifestacións da violencia contra as mulleres, é o delito máis estendido en todo o mundo:
- Cada 3 segundos, unha nena é obrigada a casar.
- Unha de cada 3 mulleres do mundo sufriu ao longo da súa vida violencia física ou sexual.
- 3 millóns de nenas son vítimas de ablación cada ano.
- As violacións como arma de guerra están xeneralizadas nas zonas de conflito.
- Unha gran parte dos asasinatos de mulleres cometéronos as súas parellas ou exparellas.
- O 71 % das vítimas de trata son mulleres e nenas (ACNUR 2019).
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional de varias listas dos corpos de PES e PESSFP
Especialidades do corpo de PES Procesos e produtos en madeira e moble Sistemas electrónicos Sistemas electrotécnicos e automáticos Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluidos Instalacións electrotécnicas Equipos electrónicos Resolución Baremo provisional Relación provisional de persoas excluídas Na páxina da Consellería Especialidades do corpo de PESSFP (Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional) Patronaxe e confección Soldadura … Ler máis
Publicada listaxe provisional de proxectos aprobados e rexeitados
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional de varias listas do corpo de PES e do corpo de profesores de música e artes escénicas
- Resolución de especialidades do corpo de PES
- Informática
- Navegación e instalacións mariñas
- Sistemas e aplicacións informáticas
- Resolución de especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas
- Dramaturxia e escritura dramática
- Teoría das artes do espectáculo
- Danza clásica
- Guitarra
- Piano
- Trompa
- Viola
- Linguaxe musical

