Os representantes sindicais do ensino concertado concéntranse fronte á consellería para reclamar a negociación no sector.
Co acto, dan comezo as mobilizacións en concertada para instar a Conselleria a negociar. Os representantes sindicais entregan a solicitude de convocatoria da mesa da concertada. O vindeiro 25 de abril está prevista unha concentración de delegados e delegadas da concertada fronte á consellería para continuar coas mobilizacións.
