Ensino Privado
XV CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Prodúcense os primeiros avances na Negociación
A consellería ignora e despreza aos traballadores/as da concertada.
Desde a chegada ao poder do PP en Galicia os traballadores/as da concertada so obtivemos recortes salariais espectaculares (máis de 19.000€), suspensión de acordos como os de Mantemento de Emprego e Paga de Antigüidade, negativa a repor as cantidade recortadas, ruptura do dialogo, convertindo a mesa tripartita da concertada nunha xuntanza meramente informativa. Os recortes que o PP nos está aplicar en Galicia non teñen parangón na concertada do resto do Estado.
PERIGA A PAGA DE ANTIGÜIDADE
A SENTENZA DO SUPREMO SOBRE A PAGA DE ANTIGÜIDADE xustifica as razóns polas que CCOO non asinou o VI Convenio e impugnou algúns dos seus artigos
CCOO ensino, reclama para o profesorado da concertada que se inicie a negociación das súas condicions salariais na mesa tripartita do ensino concertado.
A responsable da secretaría de ensino privado de Galicia reclama para o profesorado do ensino concertado, que o igual que se inician as negociacións para o incremento salarial do profesorado da pública, se inicie a negociación das condicions na mesa tripartita do ensino concertado.
Concentración de delegadas e delegados de ensino concertado fronte a Xunta de Galicia
Os representantes do ensino de CCOO concentráronse no día de hoxe en san Caetano, xunto co resto de OOSS para esixir a negociación da concertada de xeito inmediato. As reivindicacións máis salientables son: – Paga extra de antigüidade – Homologación salarial e laboral – Recuperación das cantidades perdidas polos recortes – Recuperación da negociación colectiva nunha mesa estable da concertada … Ler máis
