O día 25 de abril concentrámonos diante da consellería os delegados sindicais de todas as organización para presentar as demandas do sector e solicitar unha xuntanza co conselleiro de Educación. Ámbalas peticións ían respaldadas polas sinaturas de 6.000 traballadores e traballadoras da concertada (prácticamente a súa totalidade).
Pasaron case 2 meses e non tiveron a deferencia de porse en contacto coas organizacións sindicais, nin para notificarnos que non nos ían recibir… simplemente nos ignoran
Finalmente despois da presión sindical o Director Xeral nos recibe nun acto de mero trámite pretendendo despacharnos comunicandonos que non se convocaría a mesa de negociación da concertada; insinuando que o que se acorde na mesa sectorial de docentes de pública para os traballadores do sector e nos aplicaria en concertada. Descoñece o director Xeral as normas mais básicas da negociación colectiva ou simplemente as despreza?
CCOO defende a homologación das condicións laborais e salariais dos traballadores da concertada cós nosos compañeiros da pública. Pero as nosas condicións deben ser negociados na mesa de concertada; hai problematicas que son específicas do ensino concertado e que nin é posible nin desexable que se aborden na mesa sectorial de pública nin em ningunha outra que na que non teñan presenza os representantes electos dos traballadores/as do sector.
Os traballadores e traballadoras de concertada temos a suficiente capacidade de debater, decidir e obrar sobre os asuntos que nos incumben; temos a mesa da concertada onde poder facelo, pero lamentablemente carecemos de “xestores” na Administración que o fagan.
Esta Administración pretende condenarnos a ser a man de obra precaria do ensino en Galicia.
POLA DIGNIDADE DO SECTOR, POLA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS