A Administración acaba de trasladar un texto que modifica a Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, que recolle a modificación do seu artigo 146.3 polo que se recupera o pagamento do salario completo en situación de incapacidade temporal e que se tratará na Mesa Xeral de Empregadxs Públicxs do vindeiro mércores 17 de outubro.
Debemos lembrar que esta recuperación é posible polo Acordo Estatal asinado por CCOO o 9 de marzo de 2018 que, ademais dos incrementos salariais para o trienio 2018-2020, recuperaba a negociación colectiva e abría a posibilidade a negociar nas comunidades autónomas a recuperación do pagamento en situación de incapacidade temporal e outras cuestión retributivas como a homologación salarial.