É posible precarizar aínda máis un convenio de mínimos?
As organizacións patronais téñeno claro e pensan que si. Tras meses de negociacións, o pasado 11 de xuño presentaron a súa última “ocorrencia” na Mesa de Negociación, mostrando a súa máis absoluta falta de respecto ás miles de traballadoras do sector.
Proposta patronal:
− Para os anos 2016 e 2017 conxelación salarial.
− Para os anos 2018 e 2019 un incremento do 1% anual con carácter xeral, a partir de setembro de 2018 e sen efectos retroactivos.
Excepcións:
• mestra, subida da 0,75%
• educadora infantil, subida do 1,25%
• auxiliar de aula, o Salario Mínimo Interprofesional
Todos os incrementos salariais aplicaríanse ao comezo de cada curso escolar, no mes de setembro.
− Eliminación da xornada semanal.
− Modificación da mellora actual no complemento de Incapacidade
Temporal, aplicándose os criterios marcados polo Réxime Xeral da Seguridade Social durante os primeiros 21 días e soamente a partir do día 22 da baixa complementaríase o 100% do salario durante catro meses.
− Redución de 10 a 7 os días de vacacións de Semana Santa e Nadal.
− Redución do 50% na gratuidade da praza de escolaridad por fillo/a.
Ante esta formulación tan distante das propostas unitarias sindicais, CCOO, como sindicato máis representativo do sector, non vai tolerar que se siga ninguneando a miles de persoas e non descarta iniciar mobilizacións se non se expoñen medidas que permitan empezar a recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos de contención salarial e incorpórense novos dereitos ao convenio.