Calcula como che afecta o acordo salarial das administracións públicas

Tras a sinatura por parte de CCOO do Acordo Marco para a mellora do emprego público e do servizo á cidadanía, poñemos á disposición das traballadoras e traballadores unha calculadora retributiva que permite estimar, de forma orientativa, as cantidades a percibir durante a vixencia do acordo.

A ferramenta ten en conta o territorio e o corpo ou sector, e inclúe tanto ás empregadas e empregados públicos como ao profesorado do ensino concertado en pago delegado.

O acordo contempla incrementos salariais fixos ata 2028:

  • 2025: +2,5%
  • 2026: +2% (1,5% fixo + 0,5% variable se o IPC de 2026 supera esa cifra)
  • 2027: +4,5%
  • 2028: +2%

A subida total acumulada alcanza o 11,4%, incluíndo o arrastre dos incrementos retributivos. En apenas trece meses, en xaneiro de 2027, as nóminas incrementaranse aproximadamente un 9%.

Así mesmo, en decembro ou na nómina máis próxima, as persoas empregadas públicas percibirán os atrasos correspondentes ao 2,5% de 2025.

Calculador salarial do Acordo Marco