É urxente reforzar a interlocución coa comunidade educativa, avanzar no estatuto docente e poñer á escola pública no centro do sistema.
O presidente do Goberno nomeou a Milagros Tolón Jaime como ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Desde CCOO valoramos positivamente que a persoa titular dun Ministerio tan fundamental non teña que compaxinalo con ningunha outra responsabilidade no Goberno e esperamos que sexa un sinal inequívoco dunha dedicación plena para uns avances imprescindibles e urxentes.
A nova ministra ten por diante moito traballo pendente, empezando pola necesidade de abordar a negociación do tan esperado Estatuto Docente, co obxectivo de baixar ratios, reducir a xornada lectiva, implementar a suba ao A1 e de nivel, e a xubilación anticipada.
A complexidade nas aulas aumentou. Ser docente é agora máis difícil que en anos anteriores; máis burocracia, menos apoios, infraestruturas deficientes… As profesionais da educación contamos con menos recursos para unha tarefa máis complicada e soas non podemos.
Necesitamos que o eixo vertebrador do sistema sexa a escola pública, que se acabe co abandono escolar temperán, a segregación escolar e a privatización (no 0-3, na Formación Profesional, na Universidade…), e que se melloren as condicións laborais. Necesitamos que se tome moi en serio a profesión docente.
Ante o reto maiúsculo que debe asumir Milagros Tolón Jaime, CCOO estará, como sempre, colaborando en todo o que supoña unha mellora do sistema educativo e organizando as rúas en todo o que sexa parálise ou retroceso.
Non somos indiferentes, a educación impórtanos.
Ministra, sorte e acertos. E un feliz 2026 para toda a comunidade educativa!
