Compensación de festivos en día de descanso: recente sentenza e resolucións

O teu festivo non se perde, desfrútase!

O dereito a gozar da totalidade dos descansos semanais e festivos anuais non ten consecuencias no cómputo da xornada anual.


1. Antecedentes e contexto

Historicamente, se un festivo nacional, autonómico ou local coincidía cun sábado (día de descanso habitual para moitas persoas traballadoras), ese día considerábase “perdido”, xa que moitas empresas non compensaban ás persoas traballadoras por tal coincidencia.


2. Doutrina do Tribunal Supremo (Sentenzas 2025/2026)

Recentes pronunciamentos, como a Sentenza 372/2025 (casación 113/2023) e resolucións de xaneiro e febreiro de 2026, estableceron un cambio de criterio fundamental:

  • Dereito ao descanso adicional: O Tribunal Supremo determina que, con carácter xeral, cando o descanso semanal dunha persoa traballadora coincide cun festivo oficial, a empresa debe compensar ese día.
  • Fundamento: O dereito aos 14 festivos anuais legalmente establecidos (art. 37) é independente do dereito ao descanso semanal. Se ambos coinciden, a persoa traballadora vería reducido o seu dereito total de descanso anual.
  • Forma de compensación: As empresas están obrigadas a conceder un día de descanso compensatorio ou aplicar o que establezan aqueles convenios que articulen a xornada en cómputo anual, os descansos a través do calendario laboral e mesmo prevexan expresamente como se gozan ou compensan os festivos e como se aboan os días traballados en fins de semana.
  • Afectación á xornada: O dereito a gozar da totalidade dos descansos semanais e festivos anuais poderá afectar á distribución da xornada, pero non ten consecuencias no cómputo da xornada anual.

3. Aplicación práctica en 2026

Esta doutrina cobra especial relevancia en 2026 para festivos que caen en sábado, como por exemplo o 15 de agosto (Asunción da Virxe) ou o 28 de febreiro (Día de Andalucía), onde algunhas persoas traballadoras poderían reclamar un día libre adicional.


📢 O teu festivo non se perde, desfrútase!

CCOO cóntacho para que non te enganen.

Non lle regales o teu tempo á empresa. Se tes dúbidas sobre se che corresponde este dereito, como solicitalo ou se o teu convenio non se está aplicando correctamente, acode aos teus delegados e delegadas de CCOO.