No día de hoxe, 10 de febreiro de 2026, celebrouse a mesa sectorial docente non universitaria.
Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración.
Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
Apróbase por unanimidade.
Proposta de modificación do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias.
A Administración explica as modificacións do Acordo en canto á eliminación da obriga de participar nos procedementos selectivos para que as persoas consolidadas manteñan o seu posto nas listas de substitución.
Do mesmo xeito detallan o funcionamento da nova aplicación para o sistema de chamamentos e anuncian a intencionalidade de facer probas con especialidades con poucos chamamentos durante o presente curso 25-26 coa finalidade de funcionar a pleno rendemento no inicio do curso 26-27.
Intervención de CCOO Ensino
Dende CCOO Ensino valoramos positivamente que a Administración traia á Mesa Sectorial unha modificación do Acordo de Interinos na que levamos traballando desde hai meses co resto de organizacións sindicais asinantes do Acordo, que sostemos o sistema listas consolidadas coa nosa sinatura, dúas presentes nesta mesa, ANPE e UGT e outra que non, CSIF.
Polo tanto, comunicamos que procederemos a asinar esta Addenda canto antes, para que así entre en vixencia para este concurso oposición a non obrigatoriedade de presentarse ao concurso oposición do persoal interino e substituto para manter o posto na lista.
Desde CCOO Ensino defendemos esta medida baseándonos en argumentos sólidos que benefician ao conxunto do profesorado e do sistema educativo:
- Optimización dos tribunais de oposición e redución da carga burocrática e organizativa: a asistencia masiva e por mero trámite aos procesos selectivos xeraba unha sobrecarga de xestión para os tribunais. Agora, estes poderán centrarse nas persoas opositoras que opten realmente a obter praza, axilizando a loxística e os tempos e reducindo o número de reclamacións e incidencias durante o proceso e tamén posteriormente.
- Reparto de prazas máis xusto: corríxense situacions inxustas como que un tribunal recibira mais prazas que outro, só polo feito de ter maior numero de persoas presentadas, ao obrigar a persoal interino e substituto a presentarse para non decaer das listas.
- Facilitación da conciliación e a loxística familiar: a medida pon fin aos desprazamentos obrigatorios motivados unicamente por un trámite administrativo. Ao eliminar a participación forzosa, permítese que o persoal interino e substituto poida organizar a súa vida familiar e os seus tempos de conciliación con maior liberdade, evitando viaxes innecesarias que non achegan valor ao proceso selectivo e respectando a autonomía de cada docente para planificar o seu calendario de oposicións.
- Seguridade xurídica e estabilidade: adaptamos as listas de interinidade e substitucións a un modelo de xestión máis avanzado e eficiente, garantindo que a permanencia en listas do persoal docente quede debidamente acreditada polo seu traballo efectivo, sempre tendo en conta as causas e número de renuncias xustificadas.
Causa sorpresa escoitar, tras todo o exposto, as declaracións dalgunha das organizacións sindicais non asinantes do acordo de interinos que, cando foi anunciada esta addenda en xaneiro, apresurouse a declarar lle conviña á Consellería. Rectificar é de sabios, e agora sería o momento de facelo, aínda que dubidamos que aproveiten a ocasión.
Temos dúbidas, máis que razoables, tal e como está redactada a base quinta do Acordo de interinos, de que o persoal consolidado soamente en listas de orientación do corpo de Mestres poidan beneficiarse da non obrigatoriedade de non presentarse para manter o seu posto na lista consolidado. Solicitamos que a Dirección Xeral aclare esta cuestión e que se artellen os mecanismos para que este persoal poida manter o seu posto na lista independentemete de que se presenten ou non aos procedementos selectivos.
POR ACORDO UNÁNIME DA ADMINISTRACIÓN E DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS, AS PERSOAS CONSOLIDADAS SOAMENTE NAS LISTAS DE ORIENTACIÓN DO CORPO DE MESTRES NON VERÁN ALTERADO O SEU POSTO NA LISTA NIN SE ELIMINARÁN DA MESMA NO CASO DE NON PRESENTARSE AOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS.
Por outro lado, é necesario apuntar, que a eliminación da obrigatoriedade de presentarse debe ir acompañada cunha redución de número de opositores por tribunal, para que sexan máis áxiles os traballos dos tribunais e redunde en beneficio do resto de opositores.
En canto ao resto de cambios no Acordo no texto que nos traen a Mesa corresponden a unha solicitude que leva tempo facendo CCOO Ensino na comisión de seguimento, que é a actualización do sistema de chamamentos, para adaptalo a tempos actuais, substituíndo o sistema de chamamentos telefónicos por un nvo sistema baseado nunha aplicación informática, seguindo o modelo que xa se utiliza desde hai tempo noutras comunidades autónomas. Os beneficios para o persoal substituto, unha vez implantado o novo sistema, son numerosos e patentes, principalmente o papel do persoal substituto, que pasa de desempeñar un mero papel pasivo, esperando a chamada da Consellería durante horas, sen posibilidade de atender a outras tarefas da súa vida cotiá; a un papel activo, efectuando unha petición de destinos nuns poucos minutos.
Solicitamos, asi mesmo, que se inclúa no preámbulo deste texto refundido do Acordo alusións á motivación polo que se asina tal addenda, recollendo as organizacións sindicais que finalmente asinen a medida
Queremos aproveitar o paso desta modificación pola Mesa Sectorial para esixir que a Consellería cumpra coa totalidade do Acordo, incluído o pagamento do verán ao persoal substituto que supere 5 meses e medio de nomeamento no mesmo curso. Sabemos que é unha medida que só foi asinada pola totalidade de organizacións sindicais da Mesa, polo que non conta con unidade sindical, pero resulta intolerable o mantemento no tempo da suspensión de tal dereito, de forma casi perenne. Un dereito do que actualmente goza o persoal substituto da maioría de comunidades autónomas do Estado e que recoñece o labor do persoal substituto, como unha peza fundamental do noso sistema educativo.
Seguiremos traballando no seo da comisión de seguimento para seguir mellorando o resto de apartados do Acordo, para así aumentar dereitos e blindar as condicións laborais dun persoal, que goza da maior estabilidade do Estado grazas ás organizacións sindicais que manteñen este Acordo.
A ADMINISTRACIÓN AGRADECE AS CORRECCIÓNS FEITAS POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS A DETERMINADOS ERROS NO BORRADOR.
CONVÓCASE ÁS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS QUE DESEXEN ASINAR O NOVO TEXTO DO ACORDO PARA O MÉRCORES 11 DE FEBREIRO DE 2026 NA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.
Proposta DECRETO /2026, do .... de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
A Administración explica as cifras que dan lugar á oferta de emprego público para o ano 2026:
- 1089 xubilacións
- 30 excedencias
- 18 falecementos
- 35 persoas que saíron de Galicia fronte a 119 que entraron, xunto con 10 reingresos no último Concurso Xeral de Traslados que foi de ámbito estatal
- 1043 prazas co 120% da taxa de reposición: 1251 vacantes
- Adicionalmente coméntanse as causas recollidas no borrador sobre a reserva de prazas ás persoas con discapacidade ou o cumprimento dun auto xudicial.
A Consellería anuncia unha novidade importante de cara á solicitude de suplencia para a constitución de tribunais de oposicións coa finalidade de axilizar o proceso. As persoas que cumpran certos criterios para poder solicitar esa suplencia recibirán un correo electrónico para poder indicar na aplicación de Oposicións se desexan participar ou non no sorteo de tribunais.
Tentarán que a convocatoria de oposicións sexa publicada o antes posible no DOG, previsiblemente na última semana do mes de febreiro.
Intervención de CCOO Ensino
Debemos comezar a nosa intervención rexeitando o modo de proceder da Consellería de Educación, un ano máis, na “negociación” da oferta de emprego público para o ano 2026. Anunciar semanas antes da Mesa Sectorial o montante de 1601 prazas, así como as especialidades e a contía exacta da distribución de prazas por cada quenda e especialidade unha semana antes aos medios de comunicación, constitúe, ao noso parecer, unha falta de respecto ás organizacións sindicais que forman esta mesa, así como ao conxunto das persoas opositoras.
Non entendemos, en definitiva, se xa estaba perfilada a oferta en 1601 prazas hai semanas, por que a administración espera todo ese tempo para traer o decreto de oferta e o borrador de convocatoria á Mesa, previa rolda de prensa, contribuíndo innecesariamente á incerteza das persoas opositoras.
En canto á oferta de emprego, CCOO defende, defendeu sempre e segue a facelo, a eliminación da taxa de reposición. Somos conscientes de que a oferta do 120 % da taxa de reposición é o máximo que se permite legalmente na actualidade en sectores prioritarios, como o educativo, ao non haber unha nova Lei de orzamentos e rexérmonos aínda pola do exercicio 2023. Pero tamén é certo que na Lei de orzamentos para o ano 2023 se recolle de forma explícita a autorización excepcional de superar esa taxa para poder así dar cumprimento á limitación do 8 % de temporalidade no emprego público que recolle a Lei 20/2021. Consideramos que nalgúns corpos estamos moi por riba desa taxa, polo que solicitamos que se incremente a oferta consecuentemente ata acadar tal obxectivo, algo que conta con plena seguridade xurídica. Consideramos ademais que, como levamos denunciando desde 2023, as xubilacións de 2022 non foron convocadas debido a que en 2023 se levaron a cabo procesos de estabilización que non incluíron reposición de profesorado.
En canto aos números desta oferta de emprego, a nós non nos saen as contas:
- En primeiro lugar, hai que advertir un erro no total de prazas do corpo de mestres/as, que, en lugar de 467, serían 476 se se suman as prazas das respectivas especialidades. E así si que saen as 1.601 prazas ofertadas; senón, faltarían 9 prazas, xa que o total da oferta sería de 1.592.
XA ADVERTIDO O ERRO - En segundo lugar, pola porcentaxe de prazas que se deixan á quenda de reserva de persoas con discapacidade. No borrador do Decreto recóllese un máximo do 12%, por non superar a porcentaxe de persoas da quenda de reserva para discapacidade que superaron o proceso selectivo do ano 2025, un 3% do total da oferta, como recolle unha sentenza do TSXG de obrigado cumprimento. Porén, a porcentaxe de prazas reservadas a persoas con discapacidade no borrador da orde de convocatoria supera o 16% en total (en concreto, o 16,2 %), é dicir, 259 das 1.592 prazas totais convocadas segundo o borrador da convocatoria. De feito, se consideramos por corpos, en ningún se cumpre ese límite: corpos de secundaria, un 15,8 % (135 de 852); en mestres/as, un 16,2 % (76 de 467); en PESFP, un 21,6 % (13 de 60); e en acceso de A2 a A1, un 16,4 % (35 de 213). Esiximos, polo tanto, que se revise a contía de tal reserva, xa que excedería o límite máximo do 12% que recolle o artigo 48 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia.
Cómpre volver apuntar, como xa fixeramos o ano pasado, que parece un tanto descompensada a oferta no corpo de mestres/as, xa que só se convocan, segundo o borrador do decreto, 476 prazas, cando as xubilacións de 2025 superaron esta cifra, o que se traduciría, aplicando o 120 %, en máis de 100 prazas adicionais neste corpo.
Solicitamos a convocatoria de prazas na totalidade dos corpos docentes, xa que houbo xubilacións en todos eles e, este ano, no decreto de oferta non aparece oferta nos corpos de profesorado de escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, nin en artes plásticas e deseño.
Por outra banda, solicitamos que se considere a convocatoria do procedemento de A1 a A1 do corpo de profesorado de ensino secundario a EOI, e máis neste ano en que non se convocan prazas do corpo de profesorado de EOI.
Volvemos esixir, tal e como aparece reflectido no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, aprobado pola totalidade dos grupos parlamentarios en 2017, unha reserva mínima do 2 % do emprego público para as mulleres vítimas de violencia machista. Por iso solicitamos que se cumpra e se proceda a tal reserva.
En canto á oferta de emprego, CCOO defende e sempre defendeu e segue a facelo a eliminación da taxa de reposición, somos conscientes que a oferta do 120% da taxa de reposición é o máximo que se permite legalmente na actualidade en sectores prioritarios, como o sector educativo, ao non ter nova lei de orzamentos e rexirnos aínda pola do exercicio 2023, pero tamén é certo que na Lei de orzamentos para o ano 2023 se recolle de forma explícita a autorización excepcional de superar esa taxa para poder así dar cumplimento ao 8% de limitación de temporalidade no emprego público que recolle a Lei 20/21. Consideramos que nalgúns corpos estamos moi por riba desa taxa polo que solicitamos que se incremente a oferta consecuentemente ata acadar tal obxectivo, algo que conta con plena seguridade xurídica.
A ADMINISTRACIÓN TRASLADA QUE CON CARÁCTER XERAL ESTAMOS POR BAIXO DO 8%
Considerando ademáis, que como levamos denunciando dende 2023, as xubilacións de 2022 non foron convocadas debido a que no 2023 se levaron a cabo procesos de estabilización que non incluíron reposición de profesorado.
En canto aos números desta oferta de emprego, a nós non nos saen as contas:
- En primeiro lugar hai que advertir un erro no total de prazas do corpo de mestres/as, que en lugar de 467, serían 476 se se suman as prazas das respectivas especialidades, e así si que saen as 1601 prazas ofertadas, se non faltarían 9 prazas, xa que o total da oferta serían 1592 prazas.
- En segundo lugar pola porcentaxe de prazas que se deixan a quenda de reserva de persoas discapacitadas. No borrador do Decreto se recolle un máximo de 12 por cen, por non superar a porcentaxe de persoas da quenda de reserva para discapacidade que superaron o proceso selectivo do ano 2025 un 3 por cen do total da oferta, como recolle unha sentenza do TSXG de obrigado cumplimento. Sen embargo a porcentaxe de prazas reservada a persoas con discapacidade no borrador da orde de convocatoria supera o 16 por cen en total (en concreto 16,2%), é decir 259 de 1592 prazas totais convocadas segundo o borrador da convocatoria. De feito, se consideramos por corpos, en ningún se cumple ese limite: corpos de secundaria un 15,8 por cen (135 de 852), en mestres/as un 16,2% (76 de 467), en pessfp un 21,6 (13 de 60) e en acceso de A2 a A1 un 16,4% (35 de 213). Esiximos polo tanto que se revise a cuantía de tal reserva, xa que excedería o límite máximo do 12 por cen que recolle o artigo 48 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia.
Hai que volver a apuntar, como xa fixeramos o ano pasado, que parece un tanto descompensada a oferta no corpo de mestres, xa que só se convocan segundo o borrador do decreto 476 prazas, cando as xubilacións de 2025 superaron esta cifra, o que se traduciría aplicando o 120 por cen, en máis de 100 prazas a maiores neste corpo.
Solicitamos a convocatoria de prazas na totalidade de corpos docentes, xa que houbo xubilacións en todos eles e este ano no decreto de oferta non aparece oferta nos corpos de profesorado de escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, nin en artes plásticas e deseño.
Por outro lado, solicitamos que se considere a convocatoria de procedemento de A1 a A1 de corpo de Profesores de Ensino Secundario a EOI, e máis este ano que non se convocan prazas do corpo de Profesores de EOI.
Volvemos a esixir tal e como aparece reflexado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, aprobado pola totalidade de Grupos parlamentarios en 2017, unha reserva mínima do 2% do emprego público para as mulleres vítimas de violencia machista, polo que solicitamos que se cumpla e se proceda a tal reserva.
Proposta ORDE do _____de______ de 2026 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade.
Intervención de CCOO Ensino
Debemos comezar a nosa intervención neste punto coa reflexión de que o actual sistema de concurso oposición xa non é útil nin válido. Perdeu a súa utilidade desde o momento no que permite que no concurso oposición do ano pasado quedaran case un 20% (en concreto 19,8%) por cen de prazas convocadas en corpos de secundaria desertas, en concreto 175 prazas, case 1 de cada 5 prazas.
De feito nalgunhas especialidades de FP superaron o 50 por cento de prazas desertas (informática, organización e xestión comercial, sistemas electrotécnicos e automáticos, procesos de xestión administrativa, sistemas electrónicos, etc.), chegando ao extremo dun 76 por cento de prazas desertas en sistemas e aplicacións informáticas.
Coincide que en moitas delas xa non se esixiu desde este ano para entrar nesas listas o mestrado en secundaria, revelando un problema de escaseza de persoal, da que é directamente responsable a administración estatal e autonómica.
Parece claro que o sistema de oposicións, sobre todo en secundaria e FP, xa non funciona, xa non é útil cando deixa case 1 de cada 5 prazas de funcionariado de carreira desertas. Urxe por tanto a súa modificación e actualización.
Somos conscientes de que tal actualización non é competencia da Administración galega, pero sí que pode pór da súa parte evitando que o exame práctico se convirta en determinadas especialidades nunha auténtica criba, permitindo o aumento da optatividade no mesmo, con varias opcións para escoller, e incluso permitindo combinar exercicios das diferentes opcións libremente, como xa se fixo en anteriores convocatorias.
Relacionado directamente con isto, volvemos a esixir, un ano máis, que a Administración asegure que se leva a cabo un verdadeiro concurso oposición en todos os corpos e especialidades.
A ADMINISTRACIÓN NON VAI MODIFICAR O PROCEDEMENTO SELECTIVO NO SEU FUNCIONAMENTO XERAL
En canto á oferta de prazas, volvemos a remarcar que estamos de novo ante unha ocasión perdida de convocar unha oferta de emprego público que realmente permita a reposición da totalidade de xubilacións dos últimos anos e manter ao mesmo tempo as taxas de interinidade nun nivel próximo ao que marca como obxectivo o “Acordo de persoal docente interino e substituto”.
En canto á distribución de prazas por especialidades queremos realizar dúas reflexións principais:
- En primeiro lugar volver a insistir, como fixemos no punto anterior da orde do día, da existencia dun erro no total de prazas do corpo de mestres/as, que en lugar de 467, serían 476 se se suman as prazas das respectivas especialidades, e así si que saen as 1601 prazas ofertadas, se non faltarían 9 prazas, xa que o total da oferta serían 1592 prazas.
- En primeiro lugar, como xa remarcamos no punto anterior, hai unha evidente descompensación de oferta no corpo de mestres, xa que só se convocan segundo o borrador 476 prazas, cando as xubilacións de 2025 superaron esta cifra, o que se traduciría aplicando o 120 por cen, en máis de 100 prazas a maiores neste corpo.
Como xa dixemos no anterior apartado da orde do día, solicitamos a convocatoria de prazas na totalidade de corpos docentes, xa que houbo xubilacións en todos eles e este ano no decreto de oferta non aparece oferta nos corpos de profesorado de escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, nin en artes plásticas e deseño.
Reclamamos que haxa unha coherencia entre as prazas convocadas e as vacantes de concurso de traslados que se oferte nos próximos anos. Non ten moito sentido que gran parte do persoal que accede se vexan abocados a permanecer unha gran cantidade de cursos en situación de expectativa de destino, como xa ocorreu no pasado.
Con carácter previo ás emendas concretas artigo por artigo queremos realizar unha serie de consideracións de carácter xeral sobre a actuación dos tribunais e o desenvolvemento dos procesos selectivos:
- Demandamos un número suficiente de tribunais con ratios de aspirantes/tribunais baixas, para que poidan pasar á segunda proba todas/os aspirantes que superen a primeira sen problemas de datas.
- Solicitamos que se melloren os criterios de selección dos/as presidentes/as dos tribunais. Xa que actualmente a súa selección non obedece a criterios de preparación nin capacidade. Debería asegurarse unha formación suficiente previa á constitución dos tribunais.
- Da mesma forma, esiximos que a constitución dos tribunais sexa coa suficiente antelación para asegurar unha axeitada coordinación entre os/as membros dos tribunais, máis considerando que o sorteo dos vogais é o 13 de abril segundo o borrador da convocatoria e os tribunais adoitan a constituirse a inicios do mes de xuño.
- Demandamos que todos os tribunais estean formados por profesorado da especialidade en todos os casos e non só cando sexa posible.
- Deberían eximirse da obrigatoriedade de actúar á totalidade dos membros dos equipos directivos, xa que no mes de xullo desenvolven no seu centro labores de peche do curso actual e preparación do curso seguinte. En todo caso deberíase asegurar que varios membros dun mesmo equipo directivo non coincidan á vez actuando no mesmo proceso selectivo.
- Deberían poder acollerse á suplencia os e as docentes que se atopen desfrutando do permiso de lactancia.
- Consideramos igualmente que o cargo de responsable de centro de menos de tres unidades debe considerarse análogo ao de director/a para poder voluntariamente non actuar en caso de saír no sorteo.
- Demandamos que se asegure que a adaptación de tempo e medios para quen a solicite se resolva por parte dos tribunais co tempo suficiente, para que a persoa opositora coñeza as condicións ás que se debe enfrontar no desenvolvemento das probas.
- As datas e lugares de celebración das probas deben ser publicitados con suficiente antelación para que os opositores poidan organizarse, e non xurdan problemas como en anos anteriores pola escasa antelación á celebración das probas.
- Entendemos que cada vez se fai máis necesaria a constitución de comisións de selección para garantir a igualdade de condicións de partida dos aspirantes. Desta forma os temas e o exercicio práctico da primeira parte da proba deben ser os mesmos para todos os tribunais de cada especialidade, aínda que as prazas estean repartidas, garantiríanse as mesmas condicións de ingreso para todos os aspirantes e ao mesmo tempo as mesmas condicións para o acceso ás listas de interinidades, polo tanto, a proba debe ser a mesma en todos os tribunais da mesma especialidade.
- Relacionado con esto último, deben establecerse protocolos de actuación comúns para que cada tribunal non actúe de modo arbitrario sobre todo en tribunais da mesma especialidade.
- Esiximos que os tribunais deberan publicar con antelación ao acto de presentación unhas normas claras sobre o formato das probas escritas.
- Solicitamos, como xa pasou nos procesos selectivos celebrados na pandemia, que se aseguren mecanismos de comunicación co tribunal de forma bidireccional, para así facilitar a achega de documentación xustificativa ou reclamacións por parte dos aspirantes.
- Solicitamos que a publicación das notas de cada proba deberían ser diarias.
- Esiximos que se elimine a función de valoración de méritos dos aspirantes polos tribunais. Esta función debería recaer na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. En todo caso, os méritos que figuran no expediente persoal deberían ser xa valorados de oficio na súa totalidade e non só experiencia e formación, e evitar así de novo a súa achega polos aspirantes.
- Demandamos que se debe explicitar na convocatoria de modo claro o procedemento de reclamación da nota ante os tribunais, así como a posibilidade de gravación das probas orais, para dar as máximas garantías ao persoal opositor.
- Valoramos positivamente a obrigatoriedade de publicar por parte dos tribunais os enunciados, solucións e modelos de corrección e, de ser o caso, dos propios exercicios. Demandamos que se implementen os mecanismos necesarios dende a Dirección Xeral para que a totalidade de tribunais cumpran con tal obrigación.
- Finalmente, levamos varios anos asistindo a retrasos, ao noso xuízo inxustificados, no abono das compensacións económicas e gastos de manutención e desprazamento por membros de moitos tribunais. Tal retraso chega a superar o propio ano fiscal na que se desenvolveron as probas cos prexuízos que pode ocasionar ás persoas que actuaron como membros de tribunais. Este ano non é unha excepción e a día de hoxe, aínda moitos tribunais de diversos corpos e especialidades non recibiron os abonos económicos. Consideramos este retraso como intolerable, que non beneficia en facer atractivo exercer a labor de tribunal, e demandamos que se establezan as medidas necesarias para que non suceda no futuro.
Indo artigo por artigo, temos as seguintes enmendas concretas:
- Base 1.6: volvemos a solicitar que se habilite a posibilidade de que as persoas con discapacidade do corpo de mestres, poidan, como no caso de acceso A2 a A1 concurrir á localidade de exame da súa elección. Estas persoas aspirantes contan en moitos casos con dificultade de mobilidade ou dependen doutras persoas para poder desprazarse, polo que deberían ter as máximas facilidades para poder concurrir en igualdade de condicións.
- Base 2.3.1 e 2.3.2: ante o problema que nos estamos atopando en varias especialidades de corpo de porfesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da FP parece axeitado incorporar, como xa pasa en varias comunidades autónomas, máis titulacións cuxa acreditación se considere como habilitante da posesión da aptitude pedagóxica e didáctica, nomeadamente a licenciatura ou grado en psicoloxía, a cal é aceptada en moitas comunidades como equivalente á posesión do mestrado do profesorado no ensino secundario.
- Base 2.4.1 Volvemos a solicitar que en caso de persoal ao que se lle recoñeza con efectos retroactivos un grado de discapacidade igual ou superior ao 33% con posterioridade ao proceso de matriculación debería permitirse a súa incorporación ao turno de reserva para persoas con discapacidade, sempre que os efectos do recoñecemento sexan anteriores ao último día de entrega de solicitudes.
- Base 3.7. Demandamos a gratuidade da matrícula para os demandantes de emprego que non estean a cobrar prestación ou subsidio en lugar dunha bonificación de só o 50% e que este requisito, ao igual que o resto, se considere a final de prazo de presentación de solicitudes e non na data de publicación no DOG da convocatoria.
- Na base 7.11, solicitamos que se artellen mecanismos para facer máis áxil a concesión de adaptación de tempo e medios para o persoal que así o requira e teña acreditado medicamente. En moitas ocasións ao persoal opositor que solicita tal adaptación non se lle comunica ata inmediatamente antes da realización do exame se lle concede a adaptación e en que vai a consistir.
- Bases 8 e 9. Os opositores que teñan superado a proba de coñecemento de castelán e/ou galego en convocatorias anteriores deben estar exentos de realizala, e máis considerando a gran criba de aspirantes que supuxo en concreto o exame previo de galego nos anteriores procedementos selectivos. Un elevado porcentaxe dos/as aspirantes non superaron a proba e non puideron presentarse ao concurso oposición, moitos deles que superaran as probas en anos anteriores demostrando daquelas ese coñecemento. De aí que non entendamos que non se consideren como exentos de volver a realizarla.
- Base 10.2. Solicitamos unha nova redacción para que quede totalmente clara a orde de actuación dos aspirantes das diversas quendas, xa que rexistramos nas últimas convocatorias erros na orde de citación de aspirantes.
- Base 10.3 Solicitamos que se debería substituír 24h por 48h no tempo minimo de antelación de chamamento para persoal opoistor, xa que cun chamamento con tanta premura non se favorece o desprazamento das persoas opositoras que poden estar nun tribunal lonxe do seu enderezo habitual.
- Na base 11.3 volvemos a instar a que se consideren de oficio a totalidade de méritos que figuren no expediente persoal das persoas aspirantes, e non soamente os relativos a experiencia para a Consellería de Educación.
- Tamén na base 11.3 Consideramos escaso e que se debe incrementar o prazo de 3 a 5 días hábiles para reclamar as puntuacións da fase de concurso.
- Na base 12.4, no relativo á limitación de módulos profesionais para realizar a programación didáctica en especialidades específicas de formación profesional, consideramos preciso incluír os módulos de Inglés Profesional e os considerados optativos.
A ADMINISTRACIÓN ESTUDARÁ A PROPOSTA PARA DETERMINAR SE É PRECISO AUMENTAR A LISTAXE DE MÓDULOS EXCLUÍDOS - Base 18, os criterios de avaliación da proba de desempate, no caso de ser necesaria a súa realización, deben ser públicos.
- Base 19.1, solicitamos incrementar a 3 días o prazo para solicitar destino provisional os aprobados.
- Base 19.7, consideramos que debe recollerse que en caso de non formular opción pola percepción da remuneración se lle aplicarán as retribucións que favorezan máis ao traballador.
- Base 22.6, consideramos que habería que detallar nos procedementos de adquisición de novas especialidades en que debería incidir máis o persoal aspirante: en aspectos científicos, didácticos, ou nunha combinación dos dous. Xa que existen dúbidas entre os/as aspirantes de como deben orientar o exame.
- Base 23. Solicitamos, en consonancia coa modificación do Acordo de Interinos que hoxe tratamos en mesa, se incorpore un recordatorio que en virtude da Adenda ao acordo de interinos asinada por CCOO, ANPE, UGT e CSIF non será necesario presentarse nin inscribirse nos procedementos selectivos para que o persoal interino ou substituto consolidado conserve o seu posto na lista correspondente.
EN CANTO AO BAREMO RECLAMAMOS:
A ADMINISTRACIÓN NON VAI FACER CAMBIOS NO BAREMO
- Que sexan puntuados no apartado 2.2 máis dun doutourado ou mestrado oficial en caso de que a persoa aspirante presente máis dun título.
- Que debe puntuarse tamén outros premios extraordinarios como o de grado ou mestrado oficial, aínda que somos conscientes que non está contemplado no RD 276/2007.
- Que se valore tamén o B2 como equivalente a nivel avanzado no apartado 2.4 e 2.5, como viña puntuándose en anteriores procesos, xa que polo Real Decreto 1041/2017 e polo Decreto 81/2018 tales niveis son equivalente ao nivel avanzado.
- Que se computen os niveis de lingua galega de B2 e C1 en apartado 2.4, como viñan puntuándose en concursos oposicións de anos anteriores, sempre que que o requisito de posesión de CELGA 4 sexa xustificado doutra forma; xa que o nivel C1 é equivalente a CELGA 4 pola orde que recolle os certificados CELGA, pero a posesión do CELGA4 non implica en ningún o caso o recoñecemento dun nivel C1 do Consello de Europa.
- Que se inclúan as linguas cooficiais tamén no apartado 2.5, non só estranxeiras, desta forma o C1 en catalán ou euskera expedido por unha universidade non valería en ningún epígrafe.
En todo caso, consideramos, como xa dixemos nas alegacións ao articulado, que méritos que figuran no expediente persoal, non só os servizos, senón tamén titulacións e formación, deberían ser xa valorados de oficio e evitar así de novo a súa achega polos aspirantes.
EN CANTO ÁS PROBAS PRÁCTICAS, CONSIDERAMOS:
- Débense dar a coñecer os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das probas prácticas coa maior antelación posible, non esperar á semana previa ou ao acto de presentación como xa se fixo nalgunhas especialidades.
- Debe especificarse o tipo e contido da proba práctica en especialidades nas que está de forma moi xenérica, por exemplo: matemáticas, física e química ou educación física, contrastando con outras, como a maioría de FP ou mestres, ou outras de secundaria onde se detallan cada apartado que pode ser obxecto de exercicio de carácter práctico.
Rolda final de intervencións
Intervención de CCOO Ensino
- Demandamos que, tras as modificacións estatais do Estatuto Básico do Empregado Público, xunto coas modificacións que na Lei de Emprego Público de Galicia foron introducidos pola Lei de Medidas Fiscais e Administrativas 5/2025, se actualice a Orde de permisos e licenzas, sen cambios dende 2016.
- En canto ás recentes modificacións dos permisos de conciliación coa amplicación a 19 semanas do permiso para o outro proxenitor, que inclúe dúas semanas ata que o fillo/a cumpra 8 anos. Solicitamos que se lle permita gozar destas dúas semanas retribuidas ás nais docentes que tiveron o seu fillo/a dende agosto de 2024 e que xa consumiron as 22 semanas do permiso, xa que se lles esixía a esas nais a consumir enteramente o permiso antes de que o fillo/a cumprira un ano, e agora poderían deixar dúas semanas ata que cumpra 8 anos. De feito as traballadoras interinas na mesma situación recibiron do INSS comunicación de que tiñan dereito a esas dúas semanas.
- Na anterior mesa sectorial con esta Dirección Xeral foi aceptada unha solicitude da nosa organización para actualizar a orde pola que se recollen os centros e postos cualificados como de especial dificultade, xa que dende que se publicou a última relación de postos de especial dificultade, xa hai 9 anos, varios centros accederon a categoría de centros unitarios, sen poder beneficiarse de tal cualificación (Triacastela, Sarreaus, A Veiga, etc). Igualmente solicitamos recoñecer as aulas hospitalarias como postos de especial dificultade, polos seus condicionantes pedagóxicos e laborais singulares.
- Esiximos a Convocatoria inmediata da Comisión encargada da negociación do plan de igualdade para persoal docente desta Consellería, xa que urxe pechar o documento de diagnóstico e avanzar na negociación do protocolo de acoso laboral e sexual.
- Solicitamos que se reúna canto antes o Comité intercentros de seguridade e saúde laboral no que esixiremos que se efectúen as medicións de radón que obriga a lei dende maio de 2025 na inmensa maioría de concellos de Galicia.

