Recordamoslle que estes e estas traballadoras levan dende o inicio do curso, o 10 de setembro, asumindo unha maior carga de traballo derivada de:
- Aumento da xornada debido a entrada escalonada do alumnado.
- Incremento do número de turnos escolares nos xantares.
- Desinfección das instalacións e anteparos.
- Atencións de grupos burbulla afectando isto tanto a entrada como a saída do comedor
Gracias a eles e elas este servizo estivo saindo adiante con total eficiencia e seguridade, pero xa é hora de que o seu traballo sexa recoñecido.
CCOO insta a ámbalas dúas partes a solucionar esto de contado para que as e os usuarios e as familias continúen recibindo o servizo adecuado e coas maiores garantías.
Dende CCOO seguemos a manter unha vía de diálogo co fin de chegar a unha solución pacífica ao conflito, pero isto non pode seguir “sine díe”, e así o trasladamos ao concello e empresa.

