O Goberno do Estado despreza a máis de cinco millóns de empregadas e empregados públicos

Así, o Consello de Ministras e Ministros aprobou o pasado 27 de decembro un Real Decreto-lei para garantir diferentes medidas, do todo necesarias, pero esquecéronse do persoal das administracións públicas e sector público, ao non contemplar os acordos pactados na función pública.

Ao incumprimento dos incrementos retributivos antes mencionados, hai que sumarlles a recuperación da xubilación parcial para o persoal funcionario ou o carácter de mínimos dos permisos, algo tamén pactado.

A isto hai que engadir o atraso, como consecuencia do adianto electoral e a conformación do novo goberno, da implantación das 35 horas no ámbito da administración do estado, a carreira profesional ou a implantación do grupo B e a adaptación ao Marco Español e ao Marco Europeo das cualificacións do novo cadro de clasificación profesional.

A Área Pública de CCOO entende que está suficientemente xustificada a urxente necesidade dun real decreto lei que contemple os incrementos retributivos, como xa ocorreu no 2018 con este mesmo Goberno, lembrando que en tres anos non houbo PXE pero si, un RDL para cumprir co Acordo para a mellora do emprego público e condicións de traballo pactado co PP.

Por todo iso, esta organización sindical anuncia o inicio dun proceso de mobilizacións na función pública se non se retoma de inmediato as negociacións e se garanten os incrementos retributivos.