Aberto o prazo para realizar as solicitudes de prestar servizos nunha ou en varias provincias así como en determinados concellos

Só para persoal interino con posto consolidado nas listas.

Os artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais establece que o persoal docente ao que fai referencia o punto décimo quinto do Acordo do 20 de xuño de 1995, poderá optar durante os períodos máximo e mínimo previstos nel, por realizar substitucións nunha ou varias provincias (artigo 33) ou en concellos determinados (artigo 34).

A solicitude debe formularse na ferramenta Substitutos, da Consellería de Educación.

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de xuño ao 17 de xullo de 2023, ambos incluídos