CCOO denuncia a falta de compromiso da Administración galega coa protección da infancia e da adolescencia no sistema educativo

Toda a información da mesa sectorial do 13 de xuño de 2023

‌ Consulta a nosa intervención

Orde do día:

Amais, con respecto á proposta da coordinación de benestar e convivencia recibida hoxe nesta Mesa Sectorial, CCOO  emite unha nota de prensa onde denuncia a falta de compromiso da administración galega coa protección da infancia e adolescencia no sistema educativo. A proposta presentada pola Consellería de Educación é insuficiente e non garante a seguridade do alumnado e do persoal educativo. Exiximos un novo texto que atenda ás necesidades do noso sistema educativo e asignación de persoal específico. CCOO loitará pola educación segura e de calidade en Galicia. A administración debe asumir as súas responsabilidades.

‌ Nota de prensa: CCOO denuncia a falta de compromiso da administración galega coa protección integral da infancia e da adolescencia no sistema educativo de Galicia

E, en breve, abrirá o prazo do CADP. Tamén en breve, citarannos para a reunión avaliadora das comisións de servizo de saúde e conciliación familiar.