Luísa Villalta, unha voz que resoa na literatura galega
Este ano, o Día das Letras Galegas rende homenaxe a Luísa Villalta, poeta e ensaísta coruñesa que deixou unha fonda pegada na literatura galega.
Día contra a LGTBIQ+fobia (17 de maio)
Nun día tan importante na Federación de Ensino de CCOO, somos conscientes e coñecedoras de que a diversidade nas nosas escolas e centros socioeducativos está máis presente e visible ca nunca. Con todo, tamén constatamos que os discursos e delitos de odio na nosa sociedade están aumentando, impulsados en boa medida polo discurso da ultradereita.
CCOO esixe ao ministro Escrivá o cumprimento das subidas salariais e os avances en dereitos asinados no Acordo Marco para unha Administración do século XXI
CCOO considera esgotadas xa todas as marxes de paciencia e toca esixir coa máxima firmeza que o Goberno cumpra xa os compromisos adquiridos. De non ser así, quedará gravemente danada a confianza negocial entre as partes, e o propio ámbito do diálogo social nas administracións públicas, o que obrigaría á organización sindical a contemplar a posta en marcha de medidas en defensa dos dereitos dos máis de tres millóns de persoas empregadas públicas, para facer que o Goberno cumpra os acordos que asina.