Convocadas actividades de formación continua en materia de idiomas (PSEC)

  • Modalidade presencial e teleformación.
  • Os idiomas inclúen lingua de signos.

 

  • Inscrición en https://egap.xunta.gal/matricula/.
  • Pódese solicitar inscrición en tres actividades formativas, como máximo.
  • Só se poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado.

 

 

Convocatoria de actividades formativas para o Persoal de Administración e Servizos

A EGAP publica no DOG actividades formativas, na modalidade de teleformación, que forman parte do Plan formativo ofimático de Galicia e en materia de idiomas, dirixidas, entre outros destinatarios, ao PAS das universidades galegas Ver convocatoria de ofimática O prazo de matrícula remata o día 20 de febreiro, e a solicitude de participación só poderá realizarse a través da páxina … Ler máis

Comunicado sobre a Xunta de Persoal de Ourense

Constituídas as catro xuntas de persoal docente non universitarias en cada provincia derivadas das eleccións sindicais do 1 de decembro. Como aconteceu hai catro anos, na Xunta de Persoal de Ourense, malia ser a organización máis votada e a que máis creceu en apoio, se lle priva a CCOO de ser a organización que asuma presidencia e secretaria, acordando CIG … Ler máis

Curso en liña: A acción educativa de España no exterior (14 horas)

‌ Curso en liña: A acción educativa de España no exterior

‌ Telepresencial por Google Meet. 14 horas.

‌ Horario:

  • Sábado 11 de marzo, de 09:00 a 15:00
  • Sábado 18 de marzo, de 09:00 a 15:00
  • 2 horas para a elaboración dun traballo

‌ Custo:

  • De balde para afiliados
  • 20 € para non afiliados

‌ Prazo de matrícula: ata completar prazas

Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

‌ Formulario de inscrición

‌ Anuncio en PDF

Listaxe definitiva de admitidos/as no concurso de méritos extraordinario de estabilización

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, convocados mediante a Orde do 19 de outubro de 2022. ‌Procedemento de reclamación: interposición de recurso de reposición na sede electrónica utilizando o código de procedemento: ED001B ou mediante solicitude xenérica (en caso de non aparecer na listaxe … Ler máis

Publicadas listas definitivas de contratación (PSEC)

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

As listas poden consultarse das seguintes maneiras:

PROXECTO de addenda ao Acordo de Interinos

Na vindeira Mesa Sectorial do xoves 2 de marzo tratarase o PROXECTO de addenda ao Acordo de Interinos, para adaptalo á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e á Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional.

‌ Proxecto de addenda ao Acordo de Interinos

Convocados cursos de lingua galega gratuítos Celga 2, 3 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de lingua galega de 70 horas preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Os cursos ofrécense en dúas modalidades: presenciais e en liña.

‌ Plataforma para realizar a inscrición

‌ Resolución da convocatoria en PDF

‌ No Portal da lingua galega