CCOO-Ensino e o resto de OOSS con presenza na mesa Sectorial presentan en rolda de prensa as mobilizacións contra o protocolo pola COVID19 para o vindeiro curso

Tras o abandono da Mesa sectorial o pasado xoves, CCOO-Ensino e o resto de organizacións con presenza na Mesa Sectorial presentan as accións de rexeitamento ao protocolo e convocan concentracións cazoladas diante do Edificio da Xunta en San Caetano o vindeiro mércores 22 de xullo ás 11:30 horas e o vindeiro martes 28 ás 11.30 horas.

‌ INTERVENCIÓN SECRETARIA XERAL NA ROLDA DE PRENSA

Comisións de servizos por motivos de saúde 2020. Listaxes provisionais

Publicadas na web da Consellería as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ( primaria, secundaria, relixións ) nas comisións de servizo por motivos de saúde. O prazo de reclamación sera do 20 ao 24 de xullo.

As reclamacións á resolución provisional deberán ser realizadas electrónicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia co código do procedemento ED 010B/2020.

Listaxes provisionais de varios procesos de funcionarización

listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do grupo V (ordenanza, celador/a, vixilante oficinas…) pertencente ao grupo V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, … Ler máis