CCOO rexeita o protocolo da COVID para o curso 2020-21 presentado pola Consellería por inviable, alonxado da realidade educativa e temerario e solicita a súa retirada.
Ante a negativa da Consellería a retirar o proxecto, CCOO e o resto das organizacións sindicais con representación na mesa Sectorial retíranse da mesma.
Mañán ofreceran unha rolda de prensa conxunta para explicar polo míudo esta decisión, facendo un chamamento á mobilización social contra este protocolo que supón unha falta de respecto a toda a comunidade educativa.
