CCOO-Ensino esixe á Consellería que tome unha decisión inmediata sobre o mantemento ou aprazamento da oferta de emprego público
CCOO-Ensino esixe á Conselleira unha decisión urxente sobre a celebración do proceso selectivo, que debe ser coñecida como moi tarde a mediados deste mes. Porén todas as organizacións sindicais con representación na mesa, acabamos de solicitar á Consellería a convocatoria urxente dunha mesa sectorial para tratar este tema.
