Mes: Decembro 2017
Lei de Orzamentos (DOG 245, 29/12/17)
LEI 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. No ARTIGO 5 modifica os permisos de maternidade e paternidade aumentándoos a 20 e 5 semanas.
OS PERMISOS DE MATERNIDADE E PATERNIDADE AMPLÍANSE A 20 E A 5 SEMANAS RESPECTIVAMENTE
* AS XEFATURAS TERRITORIAIS VEÑEN DE CONFIRMAR, APÓS AS CONSULTAS FEITAS POR CCOO-ENSINO, QUE AMPLIARÁN OS PERMISOS ACTUAIS DE OFICIO E ENVIARÁN CONFIRMACIÓN ÁS PERSOAS IMPLICADAS.
Centos de delegados e delegadas de CCOO e UGT esixiron diante do Parlamento galego a recuperación de dereitos
- Os sindicatos esixen que, se é certo que a economía se está a recuperar, se devolvan os dereitos arrebatados ao persoal do sector público
Felicitación NADAL
A Federación de Ensino de CCOO Galicia queremos desexarvos unhas felices festas e un próspero aninovo.
