En ambos casos a norma indica que é de aplicación a aquel persoal funcionario que estea gozando de tales permisos o día 1 de xaneiro (entreda en vigor da lei de orzamentos 2018)
Con data de 19 de decembro de 2017, aprobáronse no Parlamento de Galicia os orzamentos autónomicos para o ano 2018. Estes recollen:
- Duración do permiso de maternidade: 20 semanas.
- Duración do permiso de paternidade: 5 semanas.
En ambos casos a norma indica que é de aplicación a aquel persoal funcionario que estea gozando de tales permisos o día 1 de xaneiro (entreda en vigor da lei de orzamentos 2018). Estamos á espera das instruccións de función pública onde se determinará o procedemento a seguir nestes casos. CCOO Ensino, xa demandamos que esta ampliación se faga de oficio por parte da administración.
CCOO ENSINO valora positivamente este avance aínda que o consideramos totalmente insuficiente. Seguiremos loitando por unha ampliación moito maior, na liña das políticas de protección á familia que están desenvolvidas nos países da nosa contorna.